Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.162

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2002 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de lóxica e filosofía da ciencia, do departamento de Lóxica e Filosofía Moral, a Juan Vázquez Sánchez (praza 1866/2001).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 17 de agosto de 2001 (BOE do 13 de setembro) para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de lóxica e filosofía da ciencia, do departamento de Lóxica e Filosofía Moral, a Juan Vázquez Sánchez, e tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Juan Vázquez Sánchez, catedrático de universidade da área de coñecemento de lóxica e filosofía da ciencia, do departamento de Lóxica e Filosofía Moral da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2002.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela