Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.151

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 252/2002, do 24 de xullo, polo que se acepta a título gratuíto a doazón dunha serie de material con destino ó Hospital Nicolás Peña.

As empresas Nea Gatsa, S.L. e Laboratorios Penn, S.A. ofrecen a doazón ó Servicio Galego de Saúde dos activos que se detallan a continuación, con destino ó Hospital Nicolás Peña:

-Unha fotocopiadora, marca Konica, modelo 7020/DF/FK, cun valor de 4.778,05 A doada pola empresa Nea Gatsa, S.L.

-Unha fotocopiadora, marca Konica, modelo 1212, cun valor de 1.352,28 A doada pola empresa Nea Gatsa, S.L.

-Dous carros de medicamentos carridose ki-15 e os seus respectivos casetes ci-15, cun valor de 4.112,63 A doados pola empresa Laboratorios Penn, S.A.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Presidente do Servicio Galego de Saúde e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vintecatro de xullo de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la doazón do seguinte material:

-Unha fotocopiadora, marca Konica, modelo 7020/DF/FK, cun valor de 4.778,05 A doada pola empresa Nea Gatsa, S.L.

-Unha fotocopiadora, marca Konica, modelo 1212, cun valor de 1.352,28 A doada pola empresa Nea Gatsa, S.L.

-Dous carros de medicamentos carridose ki-15 e os seus respectivos casetes ci-15, cun valor de 4.112,63 A doados pola empresa Laboratorios Penn, S.A.

Artigo 2º

Os activos acéptanse segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinaranse ó Hospital Nicolás Peña, de acordo coa vontade dos doantes.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, vintecatro de xullo de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade