Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

Por decreto da alcaldía, do 1 de xullo de 2002, aprobouse o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto, polo trámite ordinario, para a contratación por concurso da obra de pavimentación e acondicionamento en Vilar-A Outraldea-A Ría (obra nº 85, P.B. 2002), o cal se expón ó público polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, polo trámite ordinario, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilamarín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición.

A execución da obra de pavimentación e acondicionamento en Vilar-A Outraldea-A Ría conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo Pablo Millán Trillo. Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 37.107 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Domicilio: A Pena-Reádegos.

c) Localidade: Vilamarín, C.P. 32101.

d) Teléfono: 988 28 60 00.

e) Fax: 988 28 61 13.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte na citada contratación, dentro dos 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19ª do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Vilamarín.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Data: ás catorce horas do terceiro día hábil posterior ó de remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

10. Gastos dos anuncios.

Os gastos dos anuncios serán sempre por conta do adxudicatario.

Vilamarín, 1 de xullo de 2002.

Amador Vázquez Vázquez

Alcalde