Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Aprobado polo Concello Pleno na súa sesión do 30-7-2002 o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación por concurso urxente do servicio de conserxería e limpeza do CEIP Insua Bermúdez de Vilalba, exponse ó público na Secretaría deste Concello polo prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para os efectos de exame e reclamacións. Simultaneamente, anúnciase a contratación do dito servicio, se ben no suposto de presentarse reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso aprazarase, de ser necesario, ata que sexan resoltas pola Corporación.

-Entidade adxudicadora: Concello de Vilalba.

-Obxecto do contrato: servicio de conserxería e limpeza do CEIP Insua Bermúdez.

-Tipo de licitación: 40.000 A anuais, IVE incluído.

-Duración do contrato: 2 anos.

-Forma de adxudicación: concurso aberto, tramitación urxente.

-Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello, das 10 ás 14 horas, dentro dos 10 días naturais seguintes, contados desde a última publicación do anuncio no BOP de Lugo ou no DOG.

-Documentación, información: Concello de Vilalba (Secretaría). Tfno.: 982 51 03 05. Fax: 982 51 18 15.

-Clasificación: non se esixe.

-Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula décimo sétima do prego de condicións.

-Garantías: provisional, 800 A; definitiva, 4% do prezo de adxudicación.

-Apertura de plicas: ás 13 horas do 3º día hábil, non sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Vilalba, 31 de xullo de 2002.

O alcalde

Rubricado