Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación do servicio de realización de probas analíticas para os laboratorios do Complexo Hospitalario de Pontevedra, mediante concurso público e polo procedemento aberto e trámite de urxencia. (Expediente 8/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 18 de marzo de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 25 de marzo), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola Orde do 14 de marzo de

2000 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril), resolve convoca-lo concurso público nº 008/2002, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

1. Obxecto e orzamento: a contratación do servicio para a realización de probas analíticas para os laboratorios do Complexo Hospitalario de Pontevedra, por un orzamento de douscentos noventa mil euros (290.000). Imposto sobre o valor engadido, incluído.

2. Prazo de execución: o servicio obxecto do presente concurso público executarase a partir da data de formalización do contrato, por un período dun ano.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria, poderán ser solicitadas na Unidade de Contratación Administrativa no Hospital Provincial, r/ Loureiro Crespo, 2 36001 Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono: 986 80 71 03, ou fax 986 80 70 52, durante o prazo de admisión das proposicións.

Enderezo da Internet: www.sergas.es.

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación (5.800 euros), que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares. Definitiva, o catro por cento da adxudicación.

5. Solvencia económica e financeira: exenta por esixir clasificación económica.

6. Solvencia técnica: exenta por esixir clasificación económica.

7. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p. 16).

8. Clasificación: grupo N, subgrupo 1, categoría B. (Equivalente ó establecido polo R.D. 52/1991, do 25 de xaneiro, grupo III, subgrupo 1, categoría B).

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administración públicas.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra, ás dez horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirán a presentación de variantes ou alternativas.

13. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 26 de xullo de 2002.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra