Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.077

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de xullo de 2002, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia.

A Lei 9/1995, do 10 de novembro, creou o Consello Consultivo de Galicia como superior órgano consultivo de carácter técnico-xurídico do Goberno de Galicia.

O Decreto 287/1996, do 12 de xullo, aprobou o seu Regulamento de organización e funcionamento.

Tendo en conta o dimensionamento e a consolidación do dito órgano, considérase conveniente facer unha nova ordenación de relación de postos de traballo, para adecuala ás necesidades presentes, o que

supón máis que un incremento dos efectivos persoais a súa reordenación.

Todo isto fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de xullo de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

037

038

039

040

Secretario/a conselleiro/a.

Secretario/a conselleiro/a

Secretario/a conselleiro/a

Secretario/a conselleiro/a

Artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro)

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do trinta de xullo de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública