Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.077

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de xullo de 2002, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

O Decreto 310/2001, do 17 de decembro, fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Tendo en conta a carga de traballo no Servicio de Selección de Persoal e Provisión de Postos da Dirección Xeral da Función Pública, faise necesario levar a cabo a modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comu

nidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de xullo de dous mil dous adoptou o seguinte,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trinta de xullo de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública