Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

ANUNCIO.

Aprobados pola Comisión Municipal de Goberno os proxectos técnicos e os pregos de condicións económico-administrativas, anúnciase o concurso público polo procedemento aberto que rexerá na contratación das obras que no punto 2 se indican:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello do Rosal.

2. Obxecto do contrato.

a) Saneamento Pancenteo (orzamento: 86.406 euros).

b) Saneamento Caselas Couselo (orzamento: 69.210 euros).

3. Garantías.

Definitiva: 4 por 100 do orzamento de adxudicación.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Rosal.

b) Domicilio: praza do Calvario nº 1.

c) Localidade: O Rosal.

d) Teléfono: 986 62 50 00.

e) Fax: 986 62 60 34.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

5. Requisitos específicos do/da contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditar solvencia económica, financeira e técnica.

6. Presentación de ofertas.

En man ou por correo certificado no Rexistro do Concello do Rosal, ata as 14 horas e durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación do presente anuncio no DOG. No caso de presentación fóra do Concello do Rosal deberá informarse fidedignamente ó concello con anterioridade á finalización do prazo de presentación de propostas. Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións. Formularanse proposicións económicas por cada unha das obras.

Lugar de presentación: Concello do Rosal, praza do Calvario, 1.

Prazo de obrigación de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día seguinte á apertura de proposicións.

7. Apertura de proposicións.

Realizaraa a mesa de contratación na forma indicada no prego. Se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura farase o seguinte día hábil.

8. Gastos de anuncios.

Por conta do/da adxudicatario/a.

O Rosal, 24 de xuño de 2002.

Jesús Mª Fernández Portela

Alcalde