Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTO DO SON

ANUNCIO.

Polo presente anuncio ponse en coñecemento de tódolos interesados que a Comisión de Goberno deste concello, con data do 21 de xuño de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle solicitado por Construcciones Alfonso Figueiras Lojo, S.L. dun predio sito na rúa Camiño Novo desta vila.

O que se participa para que no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio poidan examina-lo expediente incoado na secretaría deste concello, das 9 ás 14 horas, para a presentación das alegacións que procedan.

Porto do Son, 1 de xullo de 2002.

Ramón Quintáns Vila

Alcalde