Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso público y procedemento aberto, para a contratación da subministración dun mínimo de 226 kits mans libres, con destino ós vehículos da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: subministración dun mínimo de 226 kits mans libres, con destino ós vehículos da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

2.2. Prazo de execución: 30 días desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezaoito mil novecentos sete euros con dezaseis céntimos (18.907,16 A).

5. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación 378,14 euros.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación 756,29 euros.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1573.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil se trasladará ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura da documentación xeral (sobres A): realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo se trasladará ó seguinte día hábil.

10. Apertura das ofertas: ás 12 horas, no lugar sinalado no punto 9.3. do oitavo día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, se coincide en sábado ou festivo se trasladará ó seguinte día hábil.

11. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2002.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente