Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación dunha asistencia técnica para o mantemento e mellora das redes de observación meteorolóxica da Consellería de Medio Ambiente e a xestión dos datos da rede climatolóxica.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: mantemento e mellora das redes de observación meteorolóxica da Consellería de Medio Ambiente e a xestión dos datos da rede climatolóxica.

2.2. Prazo de execución: 12 meses contados desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento trinta e sete mil cento cincuenta e dous euros con sesenta céntimos (137.152,60 A).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación: 2.743,05 euros.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de adxudicación.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1575.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No punto asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura da documentación xeral (sobres A).

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Apertura das ofertas.

Ás 12 horas, no lugar sinalado no punto 9.3. do oitavo día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2002

P.D. (Orde 20-12-2001)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente