Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.029

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 213/2002, do 6 de xuño, polo que se acepta a título gratuíto a doazón duns equipos informáticos con destino ó Hospital Comarcal de Valdeorras.

Advertidos erros no texto en galego do antedito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 122, do 26 de xuño de 2002, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 9.958, artigo 1º, onde di: «Dous ordenadores, marca ASUS, modelo L8400, cun valor de 2.163,64 euros cada un, doados pola entidade financeira Caixa Nova», debe dicir: «Un ordenador, marca ASUS, modelo L8400, cun valor de 2.163,64 euros, doado pola entidade financeira Caixa Nova».

Onde di: «Dous ordenadores, marca TAY (CLONICO), modelo REDDIS, cun valor de 986,35 euros cada un, doados pola entidade financeira Caixa Nova», debe dicir: «Un ordenador, marca TAY (CLONICO), modelo REDDIS, cun valor de 986,35 euros, doado pola entidade financeira Caixa Nova».