Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle para determinación de rasantes de zona verde sita entre a avenida de Vigo e rúa de nova apertura, promovido por Carlos Romero García.

A Comisión de Goberno, en sesión do 1 de xullo de 2002, acordou aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle formulado, mediante iniciativa particular, por Carlos Romero García, coa finalidade de defini-las rasantes de zona verde sita entre a avda. de Vigo e rúa de nova apertura e subscrito polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti con visado colexial de 11-10-2001 e anexo á memoria e planos nº 1, 2, 3 e 4 da mesma autoría e visado colexial do 23-4-2002, que anulan e substitúen ós seus correlativos do proxecto, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos nº 2, desta cidade), e formula-las alegacións e xustificacións que considere procedentes.

Pontevedra, 8 de xullo de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da área de Urbanismo

e Medio Ambiente