Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO da convocatoria para a provisión de diversas prazas de funcionarios.

1. No BOP da Coruña nº 170, de data 26 de xullo de 2002, publícase o texto íntegro das bases específicas e malia convocatoria da seguinte praza:

-Convocatoria específica 6/1996: técnico medio en dereito. Número de prazas: unha (1). Grupo de clasificación: B. Sistema de elección: concurso-oposición. Quenda: libre.

A convocatoria específica 6/1996, réxese, ademais de polas bases específicas, polas xerais publicadas no BOP da Coruña nº 209, do 10 de setembro de 1996 e mais no Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 193, do 2 de outubro de 1996.

As bases xerais foron obxecto de modificación parcial (actualización), publicándose a modificación no BOP da Coruña nº 144, do 25 de xuño de 2002.

2. No BOP da Coruña nº 170, de data 26 de xullo de 2002, publícase o texto íntegro das bases específicas e maila convocatoria das prazas que se describen a seguir:

a) Convocatoria específica 6/2000 e 3/2002 (acumuladas): operarios. Número de praza: catro (4). Grupo de clasificación: E. Sistema de selección: concurso-oposición. Quenda: libre.

b) Convocatoria específica 4/2002: encargado. Número de prazas: unha (1). Grupo de clasificación: C. Sistema de selección: concurso-oposición. Quenda: libre.

c) Convocatoria específica: 5/2002: técnico de xestión tributaria e recadación. Número de prazas: unha (1). Grupo de clasificación: B. Sistema de selección: concurso-oposición. Quenda: promoción interna.

d) Convocatoria específica 6/2002: garda da policía local. Número de prazas: unha (1). Grupo de clasificación: D. Sistema de selección: oposición. Quenda: libre.

As convocatorias específicas 6/2000 e 3/2002 (acumuladas), 4/2002, 5/2002 e 6/2002, réxense, ademais de polas súas respectivas bases específicas, polas bases xerais publicadas no BOP da Coruña nº 39, do 16 de febreiro de 2001.

3. O prazo de presentación de solicitudes para participar como aspirantes nos procesos selectivos conducentes á provisión das prazas convocadas é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesos anuncios relacionados con esta convocatoria unicamente serán publicados no BOP da Coruña e/ou no taboleiro de anuncios do concello segundo establecen as bases xerais.

As Pontes de García Rodríguez, 26 de xullo de 2002.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde-presidente