Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria do 27 de xuño de 2002 a modificación puntual nº 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Meaño no Solo Rústico de Protección de Espacios Naturais, exponse ó público por un prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da última publicación ó abeiro do artigo 4.4º e 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, para os efectos do seu exame e presentación das reclamacións ou observacións que os interesados estimen pertinentes. Así mesmo, acordouse a suspensión de outorgamento das licencias que poidan ser outorgadas neste tipo de solo nas áreas afectadas pola devandita modificación, polo prazo dun ano, extinguíndose coa terminación do devandito expediente.

Meaño, 1 de xullo de 2002.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde