Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno acordou aproba-los trámites para a adxudicación do concurso aberto das obras do Plan Operativo Local (POL 2002). Para o efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que se expón xunto con este edicto polo prazo de 4 días para reclamacións e ordenou anuncia-lo correspondente concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1, 36500 Lalín, Pontevedra. Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 20 42.

Obxecto: obra de saneamento en Feás. Importe do orzamento: 50.147,79 euros.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite urxente.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Clasificación do contratista: non se esixe clasificación.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres, ata o día anterior ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en horario de

9 a 14 horas e na forma establecida no prego de condicións. Se o último día do prazo fose festivo, este rematará o día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello, ás 12 horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos, considéranse os sábados como días inhábiles.

Lalín, 26 de xullo de 2002.

O alcalde

Rubricado