Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2002 pola que se anuncia a apertura dunha convocatoria para a presentación de solicitudes de autorizacións de atraque para embarcacións menores matriculadas na 7ª lista (deportivas), no porto de Baiona.

De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de outorgamento de autorizacións de atraque para embarcacións menores matriculadas na 7ª lista (deportivas), no porto de Baiona, por un período de quince días contados desde o día seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da Zona Sur deste ente público, sita na r/ Benito Corbal, 37-3º, 36004 Pontevedra.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito na citada sede central de Portos de Galicia as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente Público Portos de Galicia