Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, plurianual, trámite ordinario, para obras de reforma do centro de menores Soutomaior, en Ferrol (A Coruña).

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 31/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reforma do centro de menores Soutomaior, en Ferrol (A Coruña).

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución: Ferrol (A Coruña).

d) Prazo de execución: nove (9) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 543.254,35 A.

Ano 2002: 102.172 A.

Ano 2003: 441.082,35 A.

5. Garantía provisional.

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Copy Estudio.

b) Domicilio: rúa Nova de Abaixo, 19. Teléfono 981 59 33 85.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Teléfono de información: Sr. Pedrosa 981 54 46 80.

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo: C; subgrupo: completo; categoría: D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Calquera dos establecidos nos artigos 16 e 17 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis (26) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a que figura nas cláusulas III e IV do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas, achegarase grampado no exterior do sobre «A» o certificado do mencionado rexistro.

c) Lugar de presentación.

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2º Domicilio: San Caetano.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

(ou na forma establecida no punto III.2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día hábil seguinte ó de remata-lo prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso).

13. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacions relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1524

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude