Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación Crea, Directores y Realizadores Asociados de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación Crea, Directores y Realizadores Asociados de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderá pertencer á devandita asociación calquera persoa que dirixise ou realizase profesionalmente, como mínimo, unha obra audiovisual e que esta fose emitida nalgunha canle de televisión ou proxectada en sala de cine comercial.

Asinan a acta de constitución: Manuel Domingo Mayo Ramos e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais