Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da confederación Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia (Upta Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 25 de xuño de 2002, a acta do congreso de Upta Galicia expedida polo secretario de actas, Manuel Aceña García, avalada co visto e prace da presidenta da devandita confederación, Dolores Salgueiro Castro, na que se recollen os acordos acadados no congreso celebrado os días 27 e 28 de abril de 2002 en Santiago de Compostela, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais