Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 11.998

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas, pola que se anula unha pregunta do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 26 de xullo de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 da Consellería da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou:

Anula-la pregunta nº 24 do cuestionario do exame obxecto do primeiro exercicio da fase de oposición por considerar que contén máis dunha resposta correcta.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2002.

Carlos Gómez Martínez

Presidente do tribunal

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE