Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 11.998

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 24 de xullo de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, pola que se anulan dúas preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición.

Publicada a Resolución do 24 de xullo de 2002 do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, no Diario Oficial de Galicia nº 147, do 1 de agosto de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 11.925, onde di: «Detectados erros nas preguntas nº 21 e 77 do primeiro exercicio da fase de oposición», debe dicir: «Detectados erros nas preguntas nº 8, 21 e 77 do primeiro exercicio da fase de oposición».