Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 11.993

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2002 pola que se adxudican as bolsas de iniciación á investigación agraria no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo dependente do Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no marco do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica de Galicia.

A Orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 18 de abril de 2002 (DOG nº 86, do 6 de maio), aprobaba as bases da convocatoria de bolsas para a realización de prácticas para estudiantes de último curso ou recentemente titulados en especialidades agrarias no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

No artigo 7, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que debería ter en conta os membros da comisión correspondente.

Na súa virtude, e atendendo a proposta elaborada pola citada comisión, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concedérlle-las bolsas para a realización de prácticas no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo para estudiantes de último curso ou recentemente titulados en especialidades agrarias, ás persoas que se relacionan no anexo I desta orde. As bolsas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 04.06.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE).

Segundo.-Para os efectos de cubri-las renuncias que poidan producirse, establécese a lista de suplentes, que figura como anexo II desta orde, relacionados por orde decrecente de prioridade.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 18 de abril de 2002 (DOG nº 86, do 6 de maio) suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte

ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 18-4-2002, DOG 6 do de maio)

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e

Desenvolvemento

ANEXO I

ApelidosNomeNIF

Zolle FernándezCristina33346853G

Otero ÁlvarezLuciano76865649V

Rodríguez GandoyMarta33348193X

Santoalla LorenzoAna Belén33331278T

Fandiño PitaPaula76827859Q

Fernández GonzálezCarlos44464051Z

Cabrejas DomínguezIrene76871112Y

Barreiro GonzálezMarcos53110623N

Jorge FernándezMaría Aranzazu36117254D

Díaz ArlunaDaniel Adrián46895427Z

ANEXO II

ApelidosNomeNIF

Álvarez MociñoÓscar76727424E

Mourenza DíazMª Del Camino33329355D

López SuárezDavid32671732W

Bertoa VeigaGema32819133L

Cores MuñizMarisol35467877Z

Fuentes De La SierraCarmen44813872M

Silva NúñezMarisol76576743Z

García CarballoMarta36153394Q

Iglesias RodríguezYolanda44464295M

Moldes MartínezPatricia78736453R

López SánchezÁngel32815928B

Piñeiro IglesiasInés53167151Y

Fernández ArnosoMónica76413222T

Valiño RochaCarmen María46898077L

Gil FacorroJosé76825827P