Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 20 do PXOU sobre normativa de entreplantas nas UE I-05, I-06 e I-07 de Rosalía de Castro (expediente 5663/411).

O Pleno do Concello de Vigo en sesión do 27 de maio de 2002, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o expediente de modificación puntual nº 20 do PXOU-93 de Vigo (expediente 5663/411), relativo á normativa de entreplantas do plan xeral, segundo a documentación redactada polos servicios técnicos municipais da oficina de planeamento, xestión da Xerencia de Urbanismo en execución do acordo do Consello da Xerencia de 27-4-2000 e tendo en conta os informes emitidos polo conselleiro da CPTOPV da Xunta de Galicia en datas 26-7-2000 e 8-4-2002.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ó dispor do público en xeral na oficina de información urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que por resultaren descoñecidos/as ou ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificados/as persoalmente.

Vigo, 19 de xuño de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo