Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

ANUNCIO.

Aprobado definitivamente pola Comisión de Goberno municipal, en sesión do 19 de xullo de 2002, o proxecto de urbanización Miradoiro de Sales, para o desenvolvemento do Plan Parcial SAU-1 en San Xián de Sales, deste termo, redactado polo arquitecto José Luis Varela Varela e promovido pola sociedade Acibo XXI, S.L., exponse ó público polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, publicándose tamén nun xornal.

Poderanse interpoñe-los seguintes recursos: potestativo de reposición diante do órgano que dictou o acordo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta notificación.

Recurso contencioso-administrativo, diante da Sala do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a resolución do recurso de reposición e no prazo de 6 meses desde que se entenda desestimado o recurso por silencio.

Vedra, 22 de xullo de 2002.

Odón C. Cobas García

Alcalde