Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello do Grove, en sesión realizada o 28 de xuño de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da vía sita entre as rúas Alexandre Bóveda e Laxiela, que foi presentado para a súa aprobación ante este concello por iniciativa particular de José Antonio Rodríguez Castro, e/r de Rías-Grove Promociones, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública o citado proxecto de urbanización durante un mes, que comezará a contar desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente encóntrase á disposición dos interesados nas oficinas da secretaría do concello para o seu exame.

Así mesmo, efectúase por medio deste anuncio a notificación a aqueles propietarios de terreos afectados descoñecidos ou que, intentada a notificación, non se puido practicar, nos termos do artigo 42.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

O Grove, 18 de xullo de 2002.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde