Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CUNTIS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cuntis. Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto do auditorio.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Prazo de execución: 4 meses.

5. Orzamento base de licitación: 103.721,26 euros.

6. Garantía provisional: 2.074,42 euros. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

7. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Cuntis, en horario das 9 ás 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais

a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidiese en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

8. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase consonte o seguinte modelo:

Don/Dona....., con DNI nº..... natural de..... provincia de....., maior de idade e con domicilio en..... r/..... Teléfono..... actuando en nome (propio ou da empresa á que represente), manifesta que, informado/a do anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número..... de data..... conforme con tódolos requisitos e condicións que se esixen para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o contrato de realización da obra auditorio e do prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico que han de rexe-lo dito concurso e na representación que ostenta comprométese a asumi-lo cumprimento do citado contrato polo prezo de..... (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, de acordo co proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas que acepta integramente.

9. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Cuntis, ás 14 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

Cuntis, 22 de xullo de 2002.

Eduardo Rey Rodríguez

Alcalde