Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

EDICTO.

O Pleno da Corporación, na súa sesión do día 12 de xuño do ano que andamos, acordou aproba-lo proxecto de expropiación forzosa da concesión de explotación mineira Espíritu Santo II, nº 6009, da que é titular Forjados Rivera, S.A., presentado pola entidade pública empresarial do solo (SEPES) e a súa inclusión no proxecto de expropiación dos terreos para a actuación industrial Espíritu Santo aprobado definitivamente por acordo da Comisión Provincial de Urbanismo en sesión do 27 de xullo de 1993.

O proxecto exponse á información pública durante o prazo dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ó da última inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal A Voz de Galicia, a fin de que os interesados poidan presenta-las observacións e reclamacións que estimen convenientes, de conformidade co establecido no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, en particular no que atinxe á titularidade ou valoracións dos seus respectivos dereitos.

Lugar de exposición: Área de Urbanismo.

Cambre, 28 de xuño de 2002.

P.O.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde