Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO de concurso, para a contratación da obra de execución dunha pista polideportiva cuberta en Betanzos, 2ª fase.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución de pista polideportiva cuberta en Betanzos, 2ª fase.

b) Lugar de execución: colexio Vales Villamarín.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: trescentos un mil oitocentos cincuenta e un euros con trinta e nove céntimos (301.851,39 A).

5. Garantía provisional: seis mil trinta e sete euros con tres céntimos (6.037,03 A).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: edificio Liceo, praza de Galicia, 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos, 15300.

d) Teléfono: 981 77 65 25.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo C, subgrupos 2, 3, 6, categoría c.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: trece días naturais desde a publicación do presente anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia segundo sexa o último publicado.

b) Documentación que hai que presentar: a prevista no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no mesmo previsto para obtención de documentación.

d) Prazo durante o que licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: dous meses.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Data: terceiro día hábil do remate da presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

Betanzos, 16 de xullo de 2002.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente