Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2002 pola que se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da segunda fase do plan parcial do parque empresarial de Bueu.

Aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo con data do 29 de xullo de 1993 o Plan Parcial do Parque Empresarial de Bueu, que segundo o disposto no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril e 54.1º da Lei 1/1997, de solo de Galicia implica a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos terreos e edificacións correspondentes para os efectos de expropiación forzosa.

O presente expediente tramitarase polo trámite de taxación conxunta, tendo a condición de beneficiario a entidade pública Xestur Pontevedra, S.A. de acordo co convenio asinado o 8 de outubro de 2001.

De conformidade co previsto no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da segunda fase do parque empresarial de Bueu.

Así mesmo, as taxacións notificaranse individualmente ós que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente.

O expediente estará exposto no Concello de Bueu e na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra para información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que estimen oportunas, por triplicado exemplar, na Delegación Provincial

do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita na rúa Alcalde Hevia, s/n, Pontevedra.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

Dereitos afectados pola expropiación forzosa seguida polo trámite de taxación conxunta para a execución da segunda fase do plan parcial do parque empresarial de Bueu.

TitularesDatos do predio

PredioApelidos e nome

Enderezo

Referencia

catastral

Superf. que

se vai

expropiar

Outros bens

indemnizables

2Aquino Acuña Jorge

Moledo, Allariz, 30 Ardán

36912 Marín

71440-633.600,90Arboredo

3Visones Tobal S.L.

Bon Darriba, 101 Beluso

Bueu

72410-12

13

14

15

11.775,35Arboredo

4Visones Tobal S.L.

Bon Darriba, 101 Beluso

Bueu

72410-1110.966,50Construccións

5Fernández Pérez José Antonio

R/ Magdalena 30-B

36949 Cangas

73390-211.977,40

Expropiación parcial

-

6Pérez Piñeiro Julio

Praia de Beluso, Nº 28

36930 Bueu

71400-011.413,65-