Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2002 pola que se anuncia concurso aberto para o outorgamento dunha concesión administrativa para a ocupación das instalacións de dominio público portuario da nova lonxa do porto de Muxía para a prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa. (Expediente 12-31-02-C-01).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Explotación e Planificación.

c) Número do expediente: clave 12-31-02-C-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é o outorgamento dunha concesión administrativa para a ocupación e utilización dos bens de dominio público portuario constituídos polas instalacións do edificio da nova lonxa do porto de Muxía para a explotación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

b) Lugar da concesión: Muxía (A Coruña).

c) Prazo da concesión: cinco (5) anos prorrogables.

1. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: o especificado no prego de bases.

5. Garantías.

Provisional: 571,82 euros.

Definitiva: a especificada no prego de bases do concurso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 54 52 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do solicitante.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases do concurso.

c) Lugar de presentación:

Entidade: ente público Portos de Galicia

Domicilio: praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia.