Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2002 pola que se anuncia a licitación dos concursos para a concesión da explotación do servicio público das estacións de autobuses de Chantada (Lugo) e Gondomar (Pontevedra) polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión da explotación do servicio público das estacións de autobuses seguintes: Chantada (Lugo), e Gondomar (Pontevedra).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación: ver prego.

5. Garantías.

Provisional: 6.000 euros por cada un dos contratos.

Definitiva: 12.100 euros por cada un dos contratos.

6. Obtención de documentación e información.

Os regulamentos de explotación e os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen os concursos de cada unha das estacións de autobuses poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV e na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

Tamén poderán recollerse os pregos de cláusulas administrativas particulares e os regulamentos de explotación de cada unha das estacións de autobuses na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?n=1.576 para Chantada (Lugo), e n=1.577 para Gondomar (Pontevedra).

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante un informe dunha institución financeira precisamente referido ó obxecto de cada contrato.

A solvencia técnica ou profesional acreditarase por calquera dos medios establecidos no cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o concurso.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natu

ral, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: r/ praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: décimo primeiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso de concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de... (...)».

11. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG do 14 de decembro)

Mª José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes