Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 02 de agosto de 2002 Páx. 11.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con trámite de urxencia, das obras RC-OU-02.01 e tres máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

2. Obxecto dos contratos.

a) Reforzo de firme na OU-123, enlace OU-122-Casaio. Carballeda de Valdeorras.

Nº de expediente: RC-OU-02.01.

Prazo de execución: 4 meses.

Orzamento base de licitación: 69.094,14 euros.

Clasificación: non se esixe.

Clasificación adecuada ó obxecto do contrato: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

b) Reforzo de firme na OU-312. Lobios.

Nº de expediente: RC-OU-02.02.

Prazo de execución: 4 meses.

Orzamento base de licitación: 75.305,81 euros.

Clasificación: non se esixe.

Clasificación adecuada ó obxecto do contrato: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

c) Reforzo de firme na OU-300, p.k. 0+000 ó 14+000. Allariz-Celanova.

Nº de expediente: RC-OU-02.03.

Prazo de execución: 4 meses.

Orzamento base de licitación: 305.983,11 euros.

Clasificación obrigatoria: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

d) Balizamento na N-540 do p.k. 0+000 ó 71+550. Ourense.

Nº de expediente: RC-OU-02.12.

Prazo de execución: 1 mes.

Orzamento base de licitación: 82.195,40 euros.

Clasificación: non se esixe.

Clasificación adecuada ó obxecto do contrato: grupo G, subgrupo 5, categoría e.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

4. Garantía provisional: non se esixe.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32071.

d) Telefono: 988 38 62 36.

e) Telefax: 988 38 62 40.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista.

-Medios de xustificación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica nos casos en que non se esixe clasificación: deberán acreditarse obrigatoriamente polos medios indicados nos artigos 16.1º c) e 17, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, sendo a maquinaria, material e equipo técnico mínimo de que se disporá e os criterios de selección os que se especifican no anexo ó cadro de características.

-De posuí-lo licitador a clasificación adecuada ó obxecto do contrato, será eximido da presentación dos documentos ós que se refire o parágrafo anterior, segundo o establecido no punto 2.2.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións finalizará ás doce horas do décimo cuarto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado, domin

go ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Ourense.

Domicilio: Sáenz Díez, 1.

Localidade e código postal: Ourense, 32071 (ou enviarase por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas).

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32071.

d) Data: o décimo quinto día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Variantes: segundo o especificado no epígrafe E do cadro de características.

10. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Ourense, 22 de xullo de 2002.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense