Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos de subministracións que se relacionan.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos contratos que a continuación se relacionan:

-Subministración de ordenadores persoais e impresoras con destino á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de ordenadores persoais e impresoras con destino á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

c) Lote: único.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 61, do 27 de marzo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento corenta e catro mil douscentos corenta e tres euros (144.243 euros) IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 30 de maio de 2002.

b) Contratista: Qed Systems, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento corenta e catro mil douscentos corenta e tres euros (144.243 euros) IVE incluído.

-Subministración de cintas de vídeo VHS para a Administración de xustiza.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de cintas de vídeo VHS para a Administración de xustiza.

c) Lote: único.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 73, do 16 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta mil (30.000 euros) IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 30 de maio de 2002.

b) Contratista: Daviña, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vinte mil euros (20.000 euros) IVE incluído.

-Subministración de mobiliario con destino ós órganos xudiciais de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de mobiliario con destino ós órganos xudiciais de Galicia.

c) Lote: único.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 73, do 16 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cen mil euros (100.000 euros) IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 10 de xuño de 2002.

b) Contratista: KL. 1 Mobiliario de Oficina, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cen mil euros (100.000 euros) IVE incluído.

-Subministración de material de oficina e material informático non inventariable para ós órganos xudiciais de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de material de oficina e material informático non inventariable para ós órganos xudiciais de Galicia.

c) Lotes:

-Lote 1: material informático (84.000 euros).

-Lote 2: material de oficina vario (150.000 euros).

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 68, do 9 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 234.000 euros, IVE incluído, segundo a seguinte desagregación por lotes:

-Lote 1: material informático (84.000 euros).

-Lote 2: material de oficina vario (150.000 euros).

5. Adxudicación.

Lote 1:

a) Data: 5 de xuño de 2002.

b) Contratista: Laser System G 3, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: prezo unitario de cincocentos setenta euros con corenta e cinco céntimos (570,45 euros) ata un máximo de oitenta e catro mil euros (84.000 euros).

Lote 2:

a) Data: 5 de xuño de 2002.

b) Contratista: Comercial Cyc de Papelería, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: prezo unitario de trescentos noventa e catro mil euros con setenta e un céntimos (394,71 euros) ata un máximo de cento cincuenta mil euros (150.000 euros).

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2002.

Mª José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais