Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 3 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental para a posta en funcionamento dunha cetaria en Castrelo-Cambados (Pontevedra).

Para os efectos previstos no Decreto 442/1990, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública o estudio de impacto ambiental do establecemento que se describe:

Características do establecemento:

-Tipo: cetaria.

-Nome: Asunción Caamaño Martínez.

-Actividade: mantemento de crustáceos.

-Localización: LG Praia do Facho-Castrelo-Cambados (Pontevedra).

Solicitante: Asunción Caamaño Martínez.

DNI/CIF: 76858613L.

O expediente, integrado polo estudio de impacto ambiental e a documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo, nos días e horas habituais de oficina, e achega-las alegacións e informacións que coide oportunas.

Prazo de exposición: trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugares de exhibición:

1. Servicio de Acuicultura, Dirección Xeral de Recursos Mariños, Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, Rúa do Valiño 63-65 baixo, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

2. Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, rúa Concepción Arenal, 8; 4ª e 5ª planta, 36271 Vigo (Pontevedra).

Prazo para formular alegacións: trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2002.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS