Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con procedemento aberto e tramitación urxente, das obras de clave R-AC-02.02 e sete máis.

a) Obra.

1. Capa de rodadura na travesía de Quintáns-Augapesada da estrada AC-453 en Ames, do p.k. 2,200 ó 4,200.

Clave: R-AC-02.02.

Orzamento: noventa e dous mil catrocentos corenta e tres euros con noventa e tres céntimos (92.443,93 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Acondicionamento das travesías de Ponteceso, estrada AC-422, p.k. 10,140 a 10,640 e na estrada AC-423, p.k. 10,400 a 10,575.

Clave: R-AC-02.04

Orzamento: douscentos sesenta e catro mil douscentos dezasete euros con dezaseis céntimos (264.217,16 A)

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Garantía provisional: non se esixe.

3. Renovación e mellora de sinalización horizontal e balizamento na estrada C-550 e outras.

Clave: R-AC-02.07.

Orzamento: cento sesenta e tres mil douscentos oitenta e sete euros con setenta e oito céntimos (163.287,78 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

4. Renovación e mellora de señalización vertical e barreira de seguridade na estrada C-550 e outras.

Clave: R-AC-02.08.

Orzamento: douscentos trinta e seis mil setecentos doce euros con dezaoito céntimos (236.712,18 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

5. Reperfilado de cunetas e tratamento de marxes en estradas da sección sur.

Clave: R-AC-02.09.

Orzamento: oitenta e cinco mil novecentos trinta e catro euros con catro céntimos (85.934,04 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisional: non se esixe.

6. Reparación de firmes en estradas da sección sur, C-540 e outras.

Clave: R-AC-02.10.

Orzamento: cento sesenta e catro mil sesenta e cinco euros con noventa e seis céntimos (164.065,96 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

7. Reparación do firme de estradas sección norte. C-641 e outras.

Clave: R-AC-02.11.

Orzamento: cento sesenta e catro mil setecentos sete euros (164.707,00 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: non se esixe.

8. Reperfilado de cunetas e limpeza de marxes de estradas sección norte. AC-224 e outras.

Clave: R-AC-02.12.

Orzamento: oitenta e cinco mil douscentos noventa e tres euros (85.293 A).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo Monelos, 8º andar, na Coruña. Teléfono de información 981 18 48 63.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Ós adxudicatarios dos contratos regulados polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esixiráselle, segundo reza nos artigos 36 e 41 da citada lei, unha garantía definitiva polo importe do 4% do orzamento de adxudicación.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme ó modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administración públicas (Rea decreto 1098/2001, do 12 de outubro)

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 10.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 18 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 16-5-2002)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña