Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 28 de xuño de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Villar Fernández, Francisco Javier e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulan os recursos de reposición previos ós económico-administrativos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante a secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 28 de xuño de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Villar Fernández, Francisco Javier

DNI: 32449175-Q

R/ Chan de Piñeiro, 28

Bueu

Resolución de recurso de reposición.

Expte.: T-4780/96

Liq.: 10005878

Rec.: 237/01

Córdoba Piñón, Camilo

DNI: 35826204-R

R/ Torrecedeira, 77, 2º

Vigo

Resolución de recurso de reposición.

Expte.: T-2802/01

Liq.: 600000204834

Rec.: 277/01

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA