Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 30 de xullo de 2002 Páx. 11.845

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (273/2002).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 273/2002 por instancia de David Orlando Avilez Fuentes contra a empresa Fogar Gas, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por David Orlando Avilez Fuentes contra a empresa Fogar Gas, S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante e así mesmo extinguida a relación laboral que unía ós litigantes ó día de hoxe, condenando a demandada a estar e pasar pola anterior declaración e ó aboamento da cantidade de 5.653,69 euros no concepto de indemnización, e os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata esta resolución, que ascenden á suma de 3.069,97 euros.

Así por esta miña sentencia contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de emprende mediante comparecencia ou por escrito sendo indispensable no momento de anuncialo o recorrente, sé é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, en conta corrente deste xulgado, número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en el que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberá consignar además a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría no momento

de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncio, mándoo e asínoo.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Fogar Gas, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de xuño de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado