Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.804

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2002 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía, a Alberto Saco Álvarez (praza 59/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 31 de xullo de 2001 (BOE do 29 de agosto), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía, a favor de Alberto Saco Álvarez, con documento nacional de identidade número 34950722-Z, e cum

prindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alberto Saco Álvarez profesor titular de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 28 de xuño de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo