Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 29 de xullo de 2002 Páx. 11.804

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2002 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico en actividades deportivas (grupo I) convocada por Resolución do 13 de febreiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 15 de marzo).

Rematado o prazo de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás

probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico en actividades deportivas (grupo I), convocada por Resolución do 13 de febreiro de 2002 (DOG do 15 de marzo), este rectorado, en cumprimento do previsto na base 4.1º da convocatoria, resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura a continuación e que está exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Mestranza, s/n) e no vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto na base 7.1º convócanse os aspirantes para a realización do primeiro exercicio da oposición que dará comezo ás 17 horas do día 24 de setembro de 2002 no Rectorado da Universidade da Coruña (rúa da Mestranza, s/n), sala de reunións da Xunta de Goberno. Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade.

* Relación de admitidos:

Andújar Larios, María Pilar (DNI 32791384).

Arango Fernández, Yago (DNI 53527849).

Bouza Criado, Xabier (DNI 32663757).

Domínguez Costas, Eva (DNI 36104624).

Monzo Seoane, David (DNI 76369863).

Moya García, Manuel Francisco (DNI 35447600).

Río Surribas, Fernando del (DNI 44453070).

Varela Bardanca, Manuel (DNI 52433071).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 2 de xullo de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña