Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 3 de xullo de 2002, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas e pregos de cargos de expedientes sancionadores (PESAN1 2002/000366-1 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as aperturas e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentaren ante a delegación territorial as alegacións que coiden pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña; Ramón y Cajal, s/n 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000366-1.

Denunciado: Antonio Castro Varela.

DNI: 32801746-C.

Enderezo: r/ Mens, Malpica de Bergantiños.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000665-1.

Denunciada: María Belén París Rodríguez.

DNI: 33213555-Z.

Enderezo: r/ Cega, nº 3, Muros.

A Coruña, 3 de xullo de 2002.

P.A.

Beatriz Alonso de la Iglesia

Instructora

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS