Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 3 de xullo de 2002, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de expediente sancionador (PESAN1 2001/001168-1).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 27 de maio).

O interesado dispón dun prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que coiden pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na citada Delegación Territorial da Coruña; Ramón y Cajal, s/n 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2001/001168-1.

Denunciado: Antonio Ponte Balsa.

DNI: 76353864.

Enderezo: r/ Entrepeñas, 49-1º C, A Coruña.

A Coruña, 3 de xullo de 2002.

P.A.

Beatriz Alonso de la Iglesia

Instructora