Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

Tomado coñecemento polo Concello Pleno na súa sesión do 9 de xullo de 2002 da formulación do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Grove, redactado por Interurban, S.A., ábrese un período de información pública de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as entidades e particulares poidan suxeri-lo que estimen oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que estimen procedentes.

O referido avance de planeamento pódese consultar na oficina técnica da casa do concello (praza do Corgo, s/n, O Grove), das 9 ás 14 horas.

O Grove, 11 de xullo de 2002.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde