Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

RESOLUCIÓN.

Observado erro nas bases que rexerán na convocatoria para a provisión en propiedade, polo procedemento de oposición libre, de dúas prazas de gardas da policía local, vacantes no cadro de persoal deste concello, corríxense estas no xeito que segue:

1. Subtitúense as palabras concurso-oposición por oposición libre en todo o texto das bases.

2. Elimínase o parágrafo último do punto 3º d), que di: «Os aspirantes deberán engadirlle á instancia a relación de méritos que aleguen e os documentos xustificativos correspondentes, ben en orixinal ou fotocopia autenticada, e que serán cualificados na fase de concurso».

3. No punto 7. Sistema de selección, onde di: «A selección dos aspirantes farase polo sistema de concurso-oposición e constará de tres fases: fase de concurso (...)», debe dicir: «A selección das aspirantes farase polo sistema de oposición libre e constará de dúas fases: probas selectivas e curso de formación na Academia Galega de Seguridade (...)».

4. Elimínase o epígrafe fase de concurso do punto 7, que di:

-Fase de concurso.

Nesta fase cualificaranse os méritos persoais de cada aspirante, de acordo co seguinte baremo:

a) Desenvolvemento do posto de auxiliar de policía ou policía local no concello de Cee: 0,75 puntos por mes traballado.

b) Desenvolvemento do posto de auxiliar de policía ou policía local noutro concello: 0,01 puntos por mes traballado.

c) Ter superado as probas selectivas en procesos anteriores neste ou noutros concellos: 0,,11 puntos por proba superada.

Que desta resolución se remita copia ó BOP e ó Diario Oficial de Galicia, para a súa publicación.

Mándao e asínao o alcalde-presidente e do cal eu, secretaria accidental, dou fe.

Cee, 6 de xuño de 2002.

O alcalde

Rubricado

A secretaria accidental

Rubricado