Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

EDICTO do 31 de maio de 2002, do instructor-inspector de Servicios Sanitarios, polo que se notifica o prego de cargos do expediente disciplinario 27/01-M.

A través do presente edicto do instructor do expediente disciplinario que a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade ordenou instruír (polo acordo do 13-11-2001) ó médico eventual de Atención Primaria do Sergas de Ourense, Carlos Iván Manrique Argüelles, notifícaselle a este a formulación do prego de cargos coa data do 2-5-2002, prego que se atopa á súa disposición nas dependencias da Inspección Sanitaria do Sergas de Vilagarcía de Arousa, sita na avenida das Carolinas, s/n (ambulatorio San Roque), para que o expedientado poida, no prazo de 8 días hábiles, exerce-lo dereito de vista deste e presenta-lo prego de descargas (no que se expoñan as súas alegacións e propoña as probas que interese).

Transcorrido o prazo sen que fixera uso dos seus dereitos referidos anteriormente, continuarase a tramitación do expediente de acordo co procedemento estatutariamente establecido.

Este edicto expídese formalizando o disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (na súa redacción dada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social), ó non poder practica-la notificación no domicilio do expedientado.

Vilagarcía de Arousa, 31 de maio de 2002.

Juan Antonio Martín Tejedor

Instructor-inspector de Servicios Sanitarios