Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de abril de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dun contrato de alugamento, por renuncia de Antonia Jiménez Motos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Antonia Jiménez Motos, resolución de contrato, dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con do data 29 de abril de 2002, ó abeiro do disposto no Decreto 70/1997, do 14 de marzo, de estructura orgánica do IGVS (modificado polo Decreto 258/1999, do 17 de setembro), que literalmente di:

«Vistas as actuacións practicadas en relación á adxudicataria, en réxime de alugamento, Antonia Jiménez Motos e, tendo en conta os seguintes feitos:

1º Que con data do 2-6-1987, a Comisión Provincial de Vivenda, adxudicoulle, a Antonia Jiménez Motos, en réxime de alugamento, a vivenda de protección oficial de promoción pública, situada en Vigo, avenida de Galicia nº 71-bis, bloque 19, piso 2º E, do expediente PO-83/410, conta 63.

2º Con data do 18-4-2002, a adxudicataria, Antonia Jiménez Motos, manifesta en comparecencia, nesta área provincial do IGVS que, por causa dunha precaria situación económica e pola necesidade de trasladarse a vivir a outra cidade, renuncia á devandita vivenda e a tódolos dereitos derivados dela, facendo, así mesmo, entrega das chaves, recoñecendo unha débeda en concepto de rendas de alugamento por unha cantidade que a día de hoxe ascende a 8.597,08 euros.

Fundamentos de dereito.

I. É competente para resolve-lo presente procedemento o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en virtude do disposto no Decreto 70/1997, do 14 de marzo, de estructura orgánica do IGVS (modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro).

II. Os feitos expostos constitúen causa suficiente para declara-la finalización do contrato de alugamento, por renuncia do arrendatario.

III. Na tramitación deste expediente observáronse as normas vixentes contidas no Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Acepta-la renuncia presentada por Antonia Jiménez Motos e, en consecuencia, declara-la finalización do contrato de alugamento, sen prexuízo da liquidación que proceda, con recuperación da vivenda.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, de conformidade co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e modificacións introducidas pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 29 de abril de 2002. José Manuel Iglesias Carrera. O delegado provincial.»

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 18 de xuño de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente administrativo: PO-83/410.

Nome: Antonia Jiménez Motos.

Enderezo: avenida de Galicia 71-bis, bloque 19, 2º E.

Concello: Vigo.