Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 23 de xullo de 2002 Páx. 11.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2002 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Mundo Mágico Tours, S.A., sita na rúa Juan Canalejo, 61 da Coruña.

Examinado o expediente instruído por instancia de Antonio Fernández Barrientos, na súa calidade de apoderado de Mundo Mágico Tours, S.A., titular da axencia de viaxes Mundo Mágico Tours, S.A., do grupo maiorista-retallista, con código de identificación AN-29636-3 e casa central en Benalmádena (Málaga), en solicitude de autorización de apertura dun novo establecemento na rúa Juan Canalejo, 61 da Coruña.

Resultando que coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no artigo 5 do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado decreto para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Mundo Mágico Tours, S.A., con código de identificación AN-29636-3, do grupo maiorista-retallista e casa central en Benalmádena (Málaga), da que é titular Mundo Mágico Tours, S.A., a apertura dun novo establecemento na rúa Juan Canalejo, 61 da Coruña, que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo