Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de suturas mecánicas e fíos de suturas. (Expediente C.P. 012/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66 do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, e coa autorización determinada nesa orde, convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario de Pontevedra.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos e Servicios Xerais. Unidade de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: CP 012/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de suturas mecánicas e fíos de suturas.

b) Número de unidades que hai que entregar: ver prego de cláusulas.

c) División por lotes e número: vintesete (27) lotes.

d) Lugar de entrega: almacén xeral-nave Servicio Móbil-San Caetano. 36157 Pontevedra.

e) Prazo de entrega: catro (4) días desde a formalización do pedido.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: setecentos cinco mil, trinta e tres euros con cincuenta e dous céntimos (705.033,52).

5. Garantía provisional: o dous por cento ó sobre o importe da suma dos orzamentos dos lotes ás que concorra.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Complexo Hospitalario de Pontevedra. Hospital Provincial. Unidade de Contratación Administrativa.

b) Enderezo: r/ Loureiro Crespo, nº 2.

c) Localidade e código postal: 36001 Pontevedra.

d) Teléfono: 986 80 70 00 (extensión 77320, 77309 e 77150).

e) Telefax: 986 80 00 01.

f) Data límite de obtención de documentos e información:

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 20 de agosto de 2002.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Hospital Provincial, rexistro xeral do complexo.

Domicilio: rúa Loureiro Crespo, nº 2.

Localidade e código postal: 36001 Pontevedra.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Complexo Hospitalario de Pontevedra. Sala de xuntas do Hospital Provincial. Edificio administrativo, planta baixa.

b) Enderezo: r/ Loureiro Crespo, nº 2.

c) Localidade: Pontevedra.

d) Data: décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito

día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: dez (10).

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: dous mil cincocentos (2.500) euros.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 28 de xuño de 2002.

13. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria onde poden obterse os pregos: ww.sergas.es.

Pontevedra, 10 de xuño de 2002.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra