Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2002 pola que se renova a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Eptisa, Servicios de Ingeniería, S.A. con domicilio na rúa Xafonte, número 1 baixo, 15174 Culleredo (A Coruña).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro), polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12 h) e 18.3.1 a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta dirección xeral

RESOLVEU:

Renova-la acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Eptisa, Servicios de Ingeniería, S.A. con domicilio en rúa Xafonte, nº 1 baixo, 15174 Culleredo (A Coruña), polo prazo e condicións á que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

AP Área de ensaios de laboratorio de perfís e barras de aceiro para estructuras co número 15001AP02.

AS Área de control in situ da execución da soldadura de elementos estructurais de aceiro, co número 15002AS02.

HA Área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes. Cemento, áridos, auga, aceiro para armaduras, adicións e aditivos co número 15003HA02.

SE Área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo co número 15004SE02.

SV Área de solos, áridos, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en viais co número 15005SV02.

ST Área de toma de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos, co número 15039ST02.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo