Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 22 de xullo de 2002 Páx. 11.455

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 8 de xullo de 2002, da División de Recursos Humanos, polo que se procede a darlle publicidade á Resolución do 8 de xullo de 2002, pola que se regula a opción de integración e vinculación nas categorías de técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico especialista en sistemas e tecnoloxías da información nas institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

A citada resolución estará exposta na mesma data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de

Galicia nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas e dos centros de xestión dependentes destas, así como o modelo normalizado de solicitude que figura como anexo I da resolución.

O persoal non sanitario con vínculo fixo, ó que fai referencia o primeiro punto do epígrafe segundo da resolución, interesado en exercela opción de integración e vinculación nas novas categorías de técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico especialista en sistemas e tecnoloxías da información nas institucións sanitarias do Sergas, deberá presenta-la solicitude no modelo normalizado no prazo de 10 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos